Este martes proseguen as andainas saudábeis de Noia cunha visita á aldea de Xei

06 Abril 2026

Proseguen esta semana os itinerarios saudábeis do Programa Actívate do Concello de Noia (Área de Deportes), que inclúe cada martes andainas curtas polo termo municipal, en palabras da organización “unha oportunidade perfecta para saír a camiñar, facer actividade física e compartir un bo rato ao aire libre”.

As rutas son de menos de 5 km, pensadas para iniciarse ou para persoas maiores, e sairán ás 10:00 h desde a porta do Concello.

A primeira andaina foi o 17 de marzo dende Abruñeiras.

As andainas proseguen como dixemos esta semana sumando quilómetros: será este martes 7 de abril cun itinerario para coñecer a aldea de Xei, con saída ás 10.00 horas dende a porta do Concello.

As inscricións realízanse no Concello de Noia, presencialmente ou chamando ao 981 84 21 00.

A aldea abandonada de Xei é un núcleo con muíños tradicionais que está emprazado na beira do río Traba ou Vilacoba, a menos de dous quilómetros da vila de Noia. Malia que durante moi tempo foi inaccesíbel para boa parte dos veciños e visitantes, hoxe está comunicada con Noia a través dun paseo fluvial de gran beleza que discorre por frondosos bosques de ribeira ben conservados e de gran valor ambiental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.