“En galego, agora e sempre, en Parada do Sil” – Xosé González Martínez

15 Abril 2026

O próximo domingo día 19, ás 11.30 na igrexa de Santa Mariña de Parada do Sil celebrarase outro acto máis de restauración da memoria lingüística promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e o Concello. Homenaxearase ao veciño Xosé Campo falecido hai anos, substituíndo a súa lápida mortuoria escrita en castelán por outra en galego, idioma no que sempre se expresou en vida.

De todos é ben sabido que os epitafios da maioría das lápidas mortuorias nos cemiterios de Galicia están escritos en castelán, desvirtuando asi a identidade cultural galega. Restaurar esta anomalía cultural é unha tarefa urxente para que a lingua dos camposantos, que son espazos da memoria, estean en harmonía co idioma maioritario dos habitantes.

Este acto é a resposta do Concello de Para do Sil ao compromiso asinado o pasado mes de novembro en Bande; unha convocatoria ben significativo do municipalismo galego enmarcada na iniciativa “En galego, agora e sempre”. Por primeira vez na historia de Galicia unha deputación provincial convocou aos concellos da provincia a participaren na galeguización da memoria dos defuntos. A Lei de Normalización Lingüística obriga ás corporacións locais a fomentaren o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida social. O número de rexedores e rexedoras municipais que acudiron foi moi significativo. Pódese visionar o acto mencionado en Galeguizargalicia.gal.

Aquel día procedeuse á galeguización do panteón propiedade da familia de don Miguel A. Santalices, Presidente do Parlamento de Galicia, cuns versos que o poeta Celso Emilio Ferreiro lle dedicara ao boticario de Bande don Ildefonso Santalices de tan grata memoria para as xentes da fronteira e promotores da cultura galega dos que el foi figura senlleira.

Desta volta no acto de Parada do Sil, como xa se dixo, será homenaxeado don Xosé Campo, un veciño que combinou a agricultura de subsistencia cun taller de carpintería. Despois de xubilarse don Xosé empezou a facer tallas de madeira e figuras de barro, que foi colocando esparexidamente en distintos lugares do Concello. É da súa autoría un belén de grandes dimensións, admirado polos veciños e xentes da contorna que acuden a visitalo todos os anos polo nadal.

O Concello quere aproveitar esta ocasión para render tamén homenaxe póstumo aos veciños e veciñas falecidas colocando na porta do cemiterio unha placa que di: “Na memoria de todas as persoas que xacen aquí porque grazas a elas Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. Con ela preténdese facer un chamamento á veciñanza para que muden as lápidas dos seus seres queridos escritas nunha lingua na que nunca falaron. En lingua galega son máis recoñecibles as súas memorias.

Aos asistentes ao acto entregaráselles unha copia dun modelo de Declaración de Vontade Individual nas que os asinantes declaran que chegada a hora do seu pasamento, queren que todo o relativo ás súas exequias se realicen exclusivamente en lingua galega, e, xa que logo, pídenlles ás familias, autoridades relixiosas e civís, que os actos funerarios se oficien en lingua galego. Asinar esta manda testamentaria é a mellor maneira de garantir que as súas memorias queden refletidas na lápida do cemiterio.

Agradecemos ao Concello de Parada do Sil a celebración deste acto, nomeadamente ao concelleiro de Cultura Paco Magide e o alcalde, Aquilino Domínguez e animámolos a que sigan realizando en todas as parroquias actos desta índole.

Outros artigos

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

+

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

+

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.