Dous fotógrafos de Ribeira, subcampións do mundo na Copa do Mundo de Fotografía

27 Abril 2026

A fotografía galega, e en particular a de Ribeira, vén de acadar un novo fito internacional coa proclamación da selección española como subcampioa na Copa do Mundo de Fotografía, celebrada este sábado en Reikiavik (Islandia). No equipo nacional participaron os irmáns ribeirenses Flora e Manuel Iglesias, do estudo Lesmes Fotógrafos.

Remitida

O combinado español, integrado por arredor de trinta profesionais de todo o país, logrou a medalla de prata nun campionato de máximo nivel, só superado por Estados Unidos, nunha clasificación moi disputada.

A achega dos fotógrafos de Ribeira foi clave para o resultado final. Aínda que ningún dos dous entrou no ‘top 10’ das súas categorías, sumaron puntos determinantes para que España acadase o segundo posto mundial.

Traxectoria consolidada e debut destacado

No caso de Manuel Iglesias, trátase da súa terceira participación consecutiva no campionato mundial, cun currículo destacado: en 2025 acadou un quinto posto individual e formou parte do equipo que foi terceiro, mentres que en 2024 proclamouse campión do mundo coa selección española. Nesta edición competiu na categoría de voda documental, cunha imaxe captada nunha cerimonia na igrexa de Santa Uxía.

Pola súa banda, Flora Iglesias debutaba nesta cita internacional na categoría aberta de voda, cunha fotografía de carácter elegante e familiar, enmarcada nun ambiente solemne. A mesma imaxe xa fora recoñecida o pasado ano cos premios Goya da Fotografía Profesional, galardón que tamén acadou o seu irmán na categoría de postboda.

Gran nivel do equipo español

Máis aló da clasificación por equipos, España destacou tamén a nivel individual, con nove fotógrafos situados entre os dez mellores do mundo nas súas categorías. O medalleiro incluíu dous ouros, dúas pratas e un bronce, ademais de varios sétimos postos.

Este novo éxito internacional consolida o nivel da fotografía española e sitúa a Ribeira como un dos referentes do sector, grazas ao talento de profesionais como Flora e Manuel Iglesias, que continúan levando o nome da súa vila ao máis alto da escena mundial.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.