Dez participantes do Programa Integrado de Emprego de Ribeira formáronse en selvicultura

26 Abril 2026


A terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Ribeira continúa achegando formación e, estes últimos días, rematou o curso de selvicultura no que participaron 10 persoas. Esta acción centrouse na xestión e coidado dos montes e zonas axardinadas como parques e áreas recreativas, prendendo técnicas básicas de poda e mantemento de árbores e arbustos, ademais de uso de maquinaria e ferramentas. Así, a parte práctica desenvolveuse no parque periurbano de San Roque, onde se fixeron tarefas de roza e poda. Ata alí desprazáronse as concelleiras Carmen Pérez e Ana Barreiro, de Promoción Económica e Turismo, respectivamente, para comprobar o resultado dos traballos.

Para a edil Carmen Pérez, quen tamén fixo entrega dos diplomas, este programa “resulta moi frutífero ao capacitar a veciñanza da comarca en diferentes ámbitos para que os seus perfís profesionais se adapten ás saídas laborais que hai actualmente. Contamos cun itinerario formativo moi amplo, no cal xa tivemos operacións de caixa e organización de almacén, manexo de carretillas, aplicación de fundamentos básicos en cociña ou os de aplicacións móbiles no ámbito laboral e acompañante de transporte escolar; estes dous últimos impartidos en liña. Diferentes cursos para diferentes nichos de mercado”.

En vindeiras datas tamén celebraranse as formacións en ofimática, técnicas administrativas e mobilización de enfermos, todas elas dirixidas a 15 persoas. As dúas primeiras desenvolveranse na Aula CeMIT ribeirense, mentres que a última será nas aulas de Cristóbal Colón.

Dende o seu inicio no mes de outubro, e ao longo de doce meses, as persoas inscritas reciben orientación, formación e intermediación laboral, buscando adaptarse ás necesidades de cada persoa. Tamén se lles ofrece a posibilidade de facer prácticas profesionais non laborais. Entre as vantaxes destras prácticas figuran a posibilidade de aplicar o aprendido nun entorno de traballo real, engadir experiencia ao currículum e mellorar en competencias básicas.

O Programa Integrado de Emprego ofrece a posibilidade de continuar anotándose ás persoas interesadas que estean inscritas como demandantes de emprego de producirse algunha baixa na participación. O trámite pódese realizar a través do formulario en liña habilitado polo Concello.

Compromiso de inserción laboral do 45%

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...