“Deixen tranquila a Cuba, carajo!” – Antón Luaces

19 Abril 2026

Lembro unha viaxe inesquecible a Cuba que conservo coma unha experiencia que calquera galego debera vivir  para, en boa medida, entender os sentimentos xerados nos nosos devanceiros polo que a illa caribeña chegou a significar tanto para eles na súa condición de emigrantes. Só así chegaremos a entender tamén o que Manuel Fraga Iribarne levaba no seu ser cando, sendo presidente da Xunta, compartiu con Fidel Castro unhas xornadas marcadas polas lembranzas cubanas da familia Fraga Iribarne e as galegas de Castro cando o comandante viaxou a Galicia, terra do seu pai.

Para min aquela visita a Cuba (aloxado nunha habitación do andar 13 do hotel Habana Libre) foi coma unha labazada que che leva á realidade. Foi un recurso ao vivido tempo antes en España reflectido nas silandeiras rúas habaneiras, nos comercios pechados a mantenta porque non había que vender, os automóbiles americanos dos anos 50 postos a punto sempre por excelentes mecánicos cubanos que eran quen de tirar máximo rendemento do que moi ben podería considerarse pezas de museo que circulaban maxestosas pola cementada autoestrada construída na illa nos tempos nos que La Habana era o refuxio de todo canto can e gato chegaban á illa procedentes do veciño país do norte, coas máquinas extractoras de petróleo paralizadas e un turismo incipiente centrado nos viaxeiros procedentes de España e Canadá.

A día de hoxe Cuba é un país sen pulso no que Donald Trump ten postos os ollos; unha nación orgullosa  da súa historia, mais tamén un país sen enerxía que leve auga aos fogares; sen os combustibles necesarios para que os agricultores podan recoller as colleitas nen transportar estas ás cidades. Desde vai tres meses Cuba taxa o combustible e o pouco que ten na reserva esgótase a causa do bloqueo estadounidense.

A vida de Cuba está detida, durmida, en agarda do bico na meixela dun príncipe que, nen moito menos, é Trump. Este vai na percura da creba humanitaria dun pobo que soubo educar, formar á súa xente que batalla para lidar cos aspectos máis básicos da vida cotián.

Un cubano de 69 anos declaraba días pasados ao xornal The New York Times que tiña a sensación de que “estamos a vivir nun país no que sempre é domingo. Saes á rúa e está practicamente todo pechado”.

Un crítico de arte e historiador, de 25 anos, afirmou no mesmo xornal de EUA que o cubano se adapta e aprende a vivir con todo, pero é moi difícil”.

Talvez Donald Trump atope en Cuba a mesma resistencia aos seus plans que lle ofrece Irán. Porque Cuba tampouco é Venezuela.

…

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.