Comeza en Boiro a III Feira de Emprego do Barbanza

16 Abril 2026

A primeira hora deste xoves 16 e abril comezaron as actividades da III Feira de Emprego do Barbanza, unha xornada organizada polo Concello de Boiro para impulsar o talento e a economía local. Celébrase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro, situado no Parque Empresarial de Espiñeira e inclúe unha xornada única que contará coa participación de empresas de distintos sectores produtivos, entidades formativas e servizos de orientación laboral. Durante este xoves 16 desenvolveranse simultaneamente foros para empresas, charlas de interese relacionadas co emprego; ademais de orientacións laborais exprés, simulador de carretilla elevadora, servizo de maquillaxe e fotocurriculum…

Na primeira das mesas, Benestar laboral, absentismo e inspección de traballo trataranse temas como o absentismo, a mellora da produtividade ou a importancia do benestar laboral. Estará moderada por Juancho Armental, do grupo Arestora, e contará coa participación de María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña; María Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade; e Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal.

Na segunda das mesas, Oficio e beneficio? Orientación profesional, universidade vs. FP, emprego público vs. emprego privado, trataranse temas como as opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública. Estará moderada por María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura, e contará coa participación de Silvia Doce, directora de becas FEUGA; María Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro; e Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

A terceira das mesas Branding que conecta será sobre como o branding permite diferenciarse, xerar confianza, fidelizar clientes ou atraer talento. Esta mesa estará moderada por Paola González Garzón, graduada en comunicación social e xornalismo; e contará coa participación de Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe; Antón Freire, Kracia Cooperativa de Márketing; e Miguel Ángel Souto, docente da área de marketing de Galicia Bussines School.

A última das mesas será un foro coa Asociación Boirense de Empresas co propósito de achegar ao público exemplos reais de emprendemento no noso territorio, Experiencias inspiradoras no camiño de emprender. Estará moderada por Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresas; e contará coa participación de Diana Torrado, Family Banker en Banco Medolanum; Lola García Sánchez, seguros García Sánchez; e Rosa Tubío, a libraría de Rosa (Nobel Boiro).

As inscricións para participar están abertas e poden facerse na web municipal www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.