Comeza en Boiro a conta a atrás para o Maio Vintage 2026

29 Abril 2026

Este sábado 2 de maio vaise celebrar en Boiro un dos grandes acontecementos comerciais, sociais e culturais da tempada no Barbanza: a edición 2026 do Maio Vintage Market, na rúa peonil de Boiro.

O Concello de Boiro organiza o vindeiro sábado 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage Market, xunto coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o grupo de voluntariado Turbina.

Segundo explican as entidades organizadoras, trátase da primeira gran festa da primavera que serve como dinamizador cultural e da hostalaría e que supón o inicio dos eventos ao aire libre. Estamos pois, sinalaron, ante “unha adaptación da festa dos maios que, noutra época, significaba o cambio de estación, a chegada do bo tempo e o rexurdir da terra”.

Como en cada edición, o Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artista como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.

A programación divídese en varios escenarios e esténdese ao longo da rúa Peonil con actividades para todos os públicos, que se mestura coa programación que levan a cabo directamente outros espazos e establecementos locais.

A concelleira de cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a participar nesta actividade “unha das festas máis atractivas que celebramos no noso concello e que se foi consolidando co paso dos anos e que conta coa colaboración de colectivos e asociacións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.