“Bota viño, Paquito, que aínda che vexo” – Antón Luaces

28 Abril 2026

E Paquito botaba ata que comprobaba o estado de aquel que demandaba máis viño.

“A de Paquito” foi en Ribeira unha das clásicas tabernas. Non tiñas problemas para baixar (estaba nun soto) pero sí moitas veces para subir, dependendo da trasfega de ribeiro que levaras a cabo. O de Paquito foi un bar moi frecuentado en Ribeira polos afeccionados aos chiquitos. Estaba estratéxicamente situado na rúa Rosalía de Castro, abeirado ao cine “Rosalía de Castro”, propiedade da familia Moraña (máis coñecido como O Cine Novo). Preto a taberna de Parga e, en tempos a de Sanmarful e a de Julio (trasladada esta posteriormente ao malecón, a carón da confraría de pescadores, que tiña a súa sede nun baixo da casa de Canucho e non lonxe do secadoiro de bacallao de Colomer”.

En pouco tempo a taberna de Paquito colleu sona e foi o lugar no que alternaban todas as clases sociais, coa excepción das mulleres que só eran visíbeis no Nordeste, na marisquería Riveira e na da Penín (xa reconvertida esta en restaurante), amais da pulpeira La Cuba. 

Anos 60. Ribeira espreguizábase e comezaba a medrar ao alto e ao longo. Paquito, entrementres,

contaba as súas historias, como a de aquel cobrador de letras de cambio ao que lle aboaba en billetes de cen pesetas unha cantidade de pouco máis de mil: “A ver, rapás, conta comigo e evitamos repasar: el que dise uno dise dos, dise tres, dise cuatro, dise sinco, dise seis, dise siete, dise ocho,dise nueve y veinte. Tés que darme a volta de 1.850 da letra: 150 e quedamos a pre”. 

O cobrador bancario, un rapaz moi novo, non estaba conforme. Volta a contar. E na terceira conta, canso de tourear e vendo que o rapaz nen sequera recollía os cartos (pero tampouco lle entregaba a letra de cambio) Paquito atendeu a un uniformado funcionario municipal que ollaba a “faena” e, con medio sorriso e a boca pequena, ceiboulle ese retrouso: “Bota viño, Paquito, que aínda che vexo”.

E Paquito botou e pagou ao cobrador bancario no medio das gargalladas da clientela. Era, aquela, outra Ribeira quer aínda se escribía con v. 

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...