Boiro celebra o 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage

15 Abril 2026

O Concello de Boiro organiza o vindeiro sábado 2 de maio unha nova edición do Maio Vintage Market, xunto coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o grupo de voluntariado Turbina. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Martin López e Yolanda Egido, de Turbina.

Segundo explicaron, trátase da primeira gran festa da primavera que serve como dinamizador cultural e da hostalaría e que supón o inicio dos eventos ao aire libre. Estamos pois, sinalaron, ante “unha adaptación da festa dos maios que, noutra época, significaba o cambio de estación, a chegada do bo tempo e o rexurdir da terra”.

Como en cada edición, o Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artista como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.

A programación divídese en varios escenarios e esténdese ao longo da rúa Peonil con actividades para todos os públicos, que se mestura coa programación que levan a cabo directamente outros espazos e establecementos locais. A concelleira de cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a participar nesta actividade “unha das festas máis atractivas que celebramos no noso concello e que se foi consolidando co paso dos anos e que conta coa colaboración de colectivos e asociacións”.

As inscricións para os postos que queiran participar poden inscribirse a través do enderezo electrónico ideasamoreas@gmail.com. As bases e toda a información do proceso están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...