Belén do Campo supervisa as melloras no viario de Camboño

16 Abril 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron este xoves 16 de abril os traballos que se desenvolveron no lugares do Corral de Abaixo, Chousa e O Corral de Arriba, na parroquia de San Xoán de Camboño, en Lousame.

A actuación, lembraron, “supuxo un investimento de preto de 385.000 euros e enmárcase no Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións.” A Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas contratou e executou as obras nun 70% do orzamento, preto de 270.000€, mentres o Concello achegou o 30%, algo máis de 115.000€

A través desta colaboración executáronse obras de pavimentación deste núcleo de poboación, que incluíu actuacións encamiñadas á mellora estética e funcional deste espazo público empregado a día de hoxe como viario e zona de esparexemento cotiá dos veciños do municipio.

Explicaron que esta intervención “tivo como obxectivo principal a mellora da accesibilidade e dos servizos básicos da zona, mediante a repavimentación de dúas vías situadas nun contorno de especial sensibilidade, ao atoparse dentro da área de protección de elementos do patrimonio cultural e na zona de afección do Rego de Hornarala”.

No marco desta actuación, deuse continuidade aos traballos de repavimentación xa iniciados nestes núcleos, incorporando solucións que combinaron a integración paisaxística coa funcionalidade. En concreto, o proxecto incluíu a substitución do pavimento por formigón desactivado entre franxas de lastro de granito, favorecendo unha mellor adaptación á contorna.

Ademais, acometeuse a renovación da canalización para a recollida de augas pluviais, así como a instalación de tubaxes para a futura prestación do servizo de auga para consumo doméstico. Tamén se contemplou a instalación de iluminación pública, contribuíndo á seguridade viaria e peonil.

Outro dos aspectos destacados da intervención foi o soterramento das redes existentes de baixa tensión e telecomunicacións, o que permite reducir o impacto visual e mellorar a calidade paisaxística da contorna.

Durante a visita, Belén do Campo puxo en valor este tipo de actuacións, que “contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza apostando por un desenvolvemento sostible e pola mellora da calidade de vida da veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.