“Becerreá”. Xulio Xiz

14 Abril 2026

Neste país que vai para vello porque cara aló imos boa parte dos habitantes, para un pobo contar cunha residencia de maiores provoca a mesma ansia ca a que en tempos se experimentaba coa construción de colexios.

Polo avance do calendario, cada ano precisamos maior número de prazas para atender a crecente demanda, e a cada urxencia que xurde nunha familia comeza a chamada ás residencias existentes ata conseguir solucionar o problema.

Becerreá hai anos que agarda por unha residencia de gran capacidade, e o seu alcalde leva revolto Becerreá con Santiago, Lugo e a Coruña para que a residencia se abra dunha vez culpando á Deputación do gran retraso, utilizando peticións, protestas, manifestacións, campañas publicitarias, milleiros de sinaturas e un funeral.

O Alcalde Manuel Martínez, de alma socialista, verso libre nun mundo no que non adoita florecer a poesía, mantén coa presidencia socialista da Deputación lucense vellas discrepancias que veñen de clarificarse a xeito de sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dando a razon ao alcalde e condenando á Deputacion a completar a apertura do centro.

Alégrome polo Alcalde, os becerrenses e os futuros usuarios, pero tamén porque se abra unha instalación xa construída, que albergará vida que precisa axuda, e actividade – fonte de vida – para moitas persoas. E cavilo que estas cousas ben podían amañarse sen a intervención da Xustiza neste desaxuste institucional que parece provocado porque o Alcalde de Becerreá pon o seu papel de representante dun pobo por diante das obediencias debidas ou supostas.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.