Avanza a rehabilitación enerxética do edificio de Servizos Sociais en Rianxo

24 Abril 2026

O Concello de Rianxo informou do inicio das obras para a rehabilitación e a mellora enerxética do edificio de Servizos Sociais.

O obxectivo principal da actuación é o de reducir nun 20% o consumo enerxético do inmóbel mellorando a súa envolvente e renovando o sistema de calefacción.

O proxecto conta cun orzamento de algo máis de 66.000€ e para levalo a cabo o Concello de Rianxo obtivo unha subvención da Xunta de Galicia por importe de 53.000€.

Os traballos están a ser executados por Montaxes Eléctricas Noroeste S.L.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.