Augas de Galicia contribúe a eliminar un punto de vertido de augas en Rianxo

06 Abril 2026

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un vertido de augas residuais de carácter municipal na parroquia de Taragoña, no concello coruñés de Rianxo. O episodio foi detectado polo persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico autonómico no marco dos labores rutineiros de inspección que realiza nos concellos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. Segundo informou Augas de Galicia, “a incidencia consistía nun vertido de augas residuais urbanas sen depuración previa consecuencia dunha deficiencia na conexión á rede de saneamento municipal”.

O vertido era efectuado directamente sobre o terreo, onde remataba por infiltrarse.

Unha vez detectadas as deficiencias, os técnicos de Augas de Galicia informaron da situación ao Concello de Rianxo para que, como titular da rede e competente da súa xestión, adoptara as medidas oportunas co fin de eliminar o foco contaminante.

Nunha inspección posterior á zona, persoal do PCV comprobou que o Goberno local executara traballos para solucionar a deficiencia, de forma que todas as augas residuais acadan xa a rede de saneamento para recibir o tratamento correspondente e púxose fin aos aportes irregulares ao dominio público hidráulico.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.