As rapazas do Club Noia Patín gañan o Trofeo Ciudad de Alcoy (patinaxe artística)

19 Abril 2026

As rapazas do Club Noia Patín proclamáronse campioas do Trofeo Ciudad de Alcoy de Grupos Grandes, celebrada en Alcoy, grazas á estudada e traballada coreografía que acompañou o tema Sin identidad.

O Concello de Noia deu os parabéns ás deportistas e sinalou que “proclamarse campioas desta competición é un logro extraordinario, resultado de moitos anos de traballo, esforzo e paixón sobre a pista”. O alcalde Francisco Pérez sinalou que “é unha vitoria máis que merecida que recoñece todo o esforzo, talento e dedicación das integrantes do equipo”.

O triunfo vai máis alá dun simple recoñecemento ao seu nivel deportivo xa que lles dá o pase para a World Cup que terá lugar o 31 de maio en Cesena, Italia.

A nova edición dos Campionatos de España de Shows e Cuartetos Júnior e a 10ª edición do Trofeo Ciudad de Alcoy de Shows Grandes e Pequenos celebrouse esta fin de semana (venres e sábado) no Polideportivo Municipal Francisco Laporta Pabellón Mútua Levante de Alcoy (Alacante), ao que acudiron os mellores grupos e cuartetos júnior da xeografía estatal e algúns dos mellores grupos grandes e pequenos de España.

Un total de 20 Grupos Show Júnior e 20 Cuartetos Júnior participaron no Campionato de España e un total de 13 Grupos Grandes e 23 Grupos Pequenos disputarán o X Trofeo Ciudad de Alcoy, todos eles procedentes de trece federacións autónomas diferentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.