As obras de renovación integral da rúa Real de Muros entran na súa última fase

27 Abril 2026

As obras de humanización e renovación dos servizos básicos da rúa Real de Muros avanzan a bo ritmo e comeza xa o terceiro e último tramo da actuación. Estes traballos contan cun orzamento de máis de 238.000 euros, segundo lembrou o Concello de Muros.

Para minimizar as molestias e garantir o acceso ás vivendas e negocios, a obra organizouse en tres partes ao longo da rúa. En cada unha delas realizouse o mesmo proceso: apertura de gabia, renovación completa das redes e servizos (abastecemento, saneamento, pluviais, electricidade, telecomunicacións e alumeado), peche e pavimentación final.

Deste xeito, foise avanzando de maneira progresiva, reducindo o impacto no día a día da veciñanza.

“Unha vez rematados os dous primeiros tramos, comezamos xa o terceiro e último, no que executaremos as mesmas actuacións para completar a renovación integral deste tramo da rúa Real”, sinalou a concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira.

“Estamos ante un proxecto importante que dá resposta ás demandas da veciñanza; a rúa Real necesitaba estas obras de mellora no seu firme e os servizos, unha actuación que se fará respectando a contorna e as características do casco histórico”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.