Arrancan os traballos de mellora na autovía do Barbanza con cortes puntuais no tramo inicial

18 Abril 2026

As obras de acondicionamento da AG-11 Autovía do Barbanza xa son visibles sobre o terreo. Este venres pola mañá puidéronse ver máquinas e operarios traballando no inicio do vial, na contorna de Padrón, onde comezaron as primeiras actuacións.

Desde a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas confirmaron que nesta fase inicial estanse executando traballos de fresado, unha operación previa ao acondicionamento posterior da capa de rodadura. Como consecuencia destes labores, os condutores que circularon pola zona atopáronse co carril dereito en dirección a Ribeira cortado nos primeiros tres quilómetros.

google maps

O proxecto foi autorizado polo Consello da Xunta de Galicia en xuño do pasado ano, cun investimento próximo aos 12 millóns de euros. Posteriormente, o contrato foi adxudicado a mediados de outubro de 2025 e formalizado o 21 de novembro, mentres que o 17 de decembro aprobouse o plan de seguridade e saúde.

Aínda que nun primeiro momento prevíase o inicio das obras no primeiro trimestre de 2026, finalmente ese calendario non se cumpriu e os traballos arrincaron con atraso.

A intervención prevista abrangue máis de 40 quilómetros da autovía e inclúe, ademais do reasfaltado, a revisión da sinalización horizontal, a substitución de elementos deteriorados, a instalación de novos sistemas de balizamento e a renovación de xuntas de dilatación nas estruturas do tronco da vía.

O contrato contempla tamén dúas actuacións complementarias orientadas a reforzar a seguridade viaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.