Airiños convídanos este sábado a un Trivial Cabareteiro en Asados

30 Abril 2026

Teatro Airiños vai celebrar este sábado 2 de maio un Tribial Cabareteiro, a partir das 20.30 horas. Será un animado e distendido concurso de preguntas e respostas (45 preguntas) por equipos (10) que dará comezo ás 20.30 horas.

A proposta ten tres piares básicos: premios, actuacións e taberna.

A entrada será libre pero cómpre formalizar a inscrición previamente para participar no concurso, a través da conta contacto@teatroairinhos.gal. Serán benvidas (especialmente) aquelas e aqueles concursantes que acudan ao concurso cun outfit cabareteiro para a ocasión.

Haberá premios das editoriais Cazapitos e Rinoceronte. Tamén haberá cantina (a cantina da asociación local Leoria). O Tribial Cabareteiro vén da man do histórico grupo teatral Airiños en colaboración co Concello de Rianxo e máis a Deputación da Coruña.

A cita encádrase nas Veladas de Primavera 2026 de Airiños nas Escolas Vellas da Atalaia de Asados.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.