Persoas usuarias de AGADEA, centrada na atención a persoas con doenzas neurolóxicas tipo demencia e alzhéimer, fixeron entrega nesta semana á Biblioteca Municipal de Ribeira duns marcapáxinas realizados pola comunidade da asociación en Santa Uxía ao abeiro das actividades ocupacionais terapéuticas con motivo do Día Internacional do Libro, que se conmemorou no 23 de abril.
Os marcapáxinas artesanais seguen diferentes estilos -algúns con flores, outros con monumentos de cada parroquia do municipio ou arredor da lectura- e permanecen dispoñibles na entrada da propia
biblioteca municipal para quen desexe facerse co seu.




