A Xunta pon 2 millóns de euros a disposición do sector marisqueiro da ría de Arousa para compensar a parada nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

06 Abril 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns 6 de abril a orde pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2026 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras e non competitiva aos tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira desde embarcación nos bancos infralitorais de libre marisqueo dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío.

A Consellería do Mar pon así a disposición do sector 2 millóns de euros, cofinanciados nun 70 % co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e que permitirán compensar os efectos do período de cese establecido como medida técnica de conservación destas zonas produtivas durante o 2024 e 2025.

Os potenciais beneficiarios deberán acreditar que neses anos realizaron extracción cando menos 120 días. Deste xeito, poderán presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñíbel en xunta.gal. O prazo para facelo será dun mes e comezará o martes 7 de abril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.