A Xunta inxectará máis de 600.000 euros ata 2028 para financiar o SAF no Son

05 Abril 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo este domingo 5 de abril unha reunión co alcalde do Porto do Son, Luis Oujo, para avaliar de primeira man o impacto que ten o acordo asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) na mellora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que é de competencia municipal

Fabiola García cualificou de “histórico” este acordo, xa que, segundo dixo, “suporá un aumento do 50% da achega do Goberno galego ao SAF”. En concreto, explicou que “no caso do concello do Porto do Son este acordo terá un impacto claramente positivo, posto que o incremento do financiamento da Xunta durante os tres anos de vixencia do acordo ascenderá a preto de 600.000 euros, recibindo un total de 2,1 millóns de euros”, o que representa, lembrou, “un importante aforro para o concello de Porto do Son, que poderá aproveitar para seguir mellorando os seus servizos sociais”.

Lembrou que a Xunta “xa está levando a cabo a actualización do módulo de financiamento do SAF e que os concellos teñen o prazo dun mes, ata o vindeiro 27 de abril, para solicitar formalmente o incremento da achega da Xunta a este servizo de xestión municipal”. De feito, destacou que “o Concello do Porto do Son, xunto ao de Ponteareas, foron os dous primeiros municipios en solicitar este aumento”.

Engadiu que “con esta actualización dos prezos, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2026, o Goberno galego cumpre co obxectivo de aumentar progresivamente a súa achega ao financiamento do SAF para persoas dependentes e, ademais, incentivase aos concellos para que presten este servizo con criterios comúns de calidade e homoxeneidade”. A conselleira lembrou tamén que “grazas ao acordo coa FEGAMP, a Xunta achegará ata 2028 un total de 500 millóns (150 millóns de euros máis dos inicialmente previstos)”. Así, todos os municipios que decidan adherirse, recibirán 16 euros por hora en 2026, 17 euros en 2027 e 18 euros no ano 2028. Este incremento gradual supón unha suba do 50% da achega da Xunta.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.