A Xunta impulsa en Outes unha nova residencia para persoas con discapacidade cun investimento de 2 millóns de euros

24 Abril 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións onde se construirá a futura residencia para persoas con discapacidade de Outes, un proxecto no que a Xunta de Galicia inviste 2 millóns de euros e que será xestionado pola Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros (Adisbismur).

No acto participaron tamén o alcalde de Outes, Francisco Calo; o presidente de Adisbismur e do CERMI Galicia, Ramón Sestayo; e o presidente de Cogami, Anxo Queiruga.

Durante a súa intervención, a conselleira destacou que este investimento “reflicte o compromiso da Xunta coa atención ás persoas con discapacidade” e permitirá transformar o antigo colexio do Cruceiro de Roo, cedido polo Concello, nun centro residencial con capacidade para 24 persoas. Así mesmo, puxo en valor a traxectoria de Adisbismur, entidade con máis de 40 anos de experiencia no ámbito da atención social.

Fabiola García subliñou que este novo recurso de proximidade facilitará que os usuarios “poidan vivir preto dos seus fogares, na súa contorna”, dando resposta ás necesidades das familias da zona. A futura residencia contará con prazas distribuídas entre habitacións e pequenos apartamentos, favorecendo a autonomía persoal, a inclusión social e a creación de emprego.

A conselleira agradeceu a colaboración do Concello de Outes e de Adisbismur, e enmarcou esta actuación na estratexia do Goberno galego para reforzar a rede de atención á discapacidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta leva investidos máis de 30 millóns de euros nos últimos anos en melloras e novos recursos para entidades sociais en toda Galicia.

Servizos de proximidade no rural

A nova residencia situarase no edificio da antiga escola do Cruceiro de Roo, que conta con tres plantas e foi cedido gratuitamente polo Concello para a súa adaptación. O proxecto global alcanza un investimento de 2,3 millóns de euros, sendo a entidade encargada da redacción do proxecto definitivo, da contratación e do seguimento das obras.

Este novo recurso completarase coa actual rede de servizos de Adisbismur, que xa inclúe un centro ocupacional con capacidade para arredor de 50 usuarios e un centro de día para unha vintena de persoas. Nestes dispositivos, a Xunta financia 49 prazas cun investimento anual próximo aos 720.000 euros.

Con esta iniciativa, a Administración autonómica reafirma a súa aposta polos servizos de proximidade no rural, facilitando que as persoas con discapacidade poidan permanecer na súa contorna habitual e mellorar a súa calidade de vida.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.