A Policía Local de Ribeira inicia unha campaña de control de patinetes eléctricos

29 Abril 2026

Na tarde deste martes 28 de abril a Policía Local de Ribeira deu inicio a unha campaña de control dos Vehículos de Mobilidade Persoal (VMP) destinada a verificar os permisos dos aparellos que circulan polo municipio.

Os axentes lembran aos propietarios destes vehículos que deben cumprir cos seguintes requisitos administrativos: a alta no Rexistro de Vehículos da DXT, portar a etiqueta identificativa (matrícula) e contar co seguro obrigatorio.

Sinalan ás persoas que mercaron un VMP (tipo patinete eléctrico ou similar) antes de 2024 e que polo tanto careza da chapa de marcaxe troquelada do fabricante, deben igualmente cumprir os devanditos requisitos e poderán seguir circulando ata o 22 de xaneiro do ano que vén.

Cómpre polo tanto que regularicemos o noso patinete eléctrico, sinalan, engadindo que “se somos menores de idade debemos solicitar a axuda dos nosos titores legais, xa que incumprir estes requisitos implica sancións dende os 80 aos 800 euros xunto coa inmobilización e retirada do vehículo”.

As persoas que teñan dúbidas sobre a normativa poden acudir á Xefatura da Policía Local para recadar máis información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.