A Pobra acollerá a presentación do libro “Pontealbar” de Adrián Noia

23 Abril 2026

O auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Marí (A Pobra do Caramiñal) acollerá mañá, venres 24 de abril, ás 20.30 horas, a presentación do libro Pontealbar, de Adrián Noia.

A peza narra a vida de Pedro de Pontealbar, que muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlla ao protagonista a salvación da aldea antes de que sexa moi tarde.

Ao longo da historia sucédense aventuras por un mundo indescritible no val do Río Grande, onde Pedro atopa outras criaturas que o axudan a lograr o seu propósito.

O autor, acompañado da concelleira de Cultura, Patricia Lojo a secretaria da A.C. Barbantia, Milagros Torrado, a escritora Ánxela Gracián e a filóloga Andrea Mosteiro, dará a coñecer estes e moitos outros detalles que compoñen as páxinas.

Screenshot

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...