A III Feira de Emprego do Concello de Boiro conectou talento e empresas

17 Abril 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves 16 de abril a III Feira de Emprego do Barbanza no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento, unha xornada para impulsar o talento e a economía local.

“Esta feira xa consolidada, é un polo de emprego e emprendemento no que participan empresas e demandantes de emprego e da que cada ano salen novas contratacións”, afirmou o a alcalde, José Ramón Romero, durante o acto de apertura da xornada logo dun monólogo humorístico de Arantxa Treus.

Durante a xornada desenvolvéronse simultaneamente foros para empresas, charlas de interese relacionadas co emprego; ademais de orientacións laborais exprés, simulador de carretilla elevadora, servizo de maquillaxe e fotocurriculum.

O primeiro dos foros, que estivo moderado por Juancho Armental, do grupo Arestora, foi sobre benestar laboral, absentismo e inspección de traballo e nel participaron María Teresa Pedrosa, inspectora de traballo da Coruña; María Quintana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade; e Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da Corporación Empresarial CONGALSA.

Na segunda das mesas redondas tratáronse temas como as opcións de formación regrada e non regrada, saídas universitarias ou traballo na administración pública. Estivo moderada por María Mercedes Argibay, xefa do departamento FOL do IES Leiladoura, e contou coa participación de Silvia Doce, directora de bolsas FEUGA; María Mariño, técnica de Recursos Humanos do Concello de Boiro; e Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego.

A terceira das mesas, moderada por Paola González Garzón, comunicadora social e xornalista, tratou sobre a importancia do branding á hora diferenciarse, xerar confianza, fidelizar clientes ou atraer talento. Nesta mesa participaron Víctor Oujo, Vimanstyle asesor de imaxe; Antón Freire, Kracia Cooperativa de Márketing; e Miguel Ángel Souto, docente da área de marketing de Galicia Bussines School.

A ultima das mesas foi un foro coa Asociación Boirense de Empresas e tivo como obxectivo achegar aos asistentes exemplos reais de empendemento. Estivo moderada por Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresas, e contou coa participación de Diana Torrado, Family Banker en Banco Medolanum; Lola García Sánchez, seguros García Sánchez; Daniel García, de Baldani Concept Store; e Rosa Tubío, a libraría de Rosa (Nobel Boiro).

O alcalde resaltou o dinamismo de Boiro a nivel empresarial ao ser o concello que está á cabeza da comarca en creación de sociedades e tamén en creación de emprego: “Por parte do Concello de Boiro imos seguir traballando en propostas para o emprego e iniciativas coma esta para que Boiro sexa futuro, un lugar con oportunidades no que poder vivir e traballar. Un lugar no que as empresas se queiran establecer e poidan medrar”.

As mesas redondas están dispoñibles para a súa visualización na canle de YouTube do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...