A Deputación da Coruña abre o prazo para presentar candidaturas aos VIII Premios PEL

23 Abril 2026

A Deputación da Coruña publicou no BOP as bases reguladoras da oitava edición dos Premios PEL, uns galardóns que buscan recoñecer as mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar. Haberá catro categorías de participación, máis a categoría honorífica. O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende este 23 de abril, ata o 12 de maio, ás 14.00 horas.

A convocatoria deste ano establece catro categorías principais de participación. A primeira é iniciativa emprendedora, destinada a recoñecer a labor das persoas autónomas, microempresas e pemes que iniciasen a súa actividade empresarial nas anualidades 2024, 2025 ou 2026.

A segunda é a de traxectoria empresarial, destinada a recoñecer a traxectoria das persoas autónomas, microempresas e pemes que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2023 ou con anterioridade.

A terceira categoría é a de iniciativa territorio sostíbel, destinada a persoas autónomas, microempresas e pemes que conten con proxectos que contribúan á transición ecolóxica e enerxética, á loita contra o cambio climático, que baseen a súa actividade na agricultura sostible, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economía circular, o uso eficiente dos recursos, o valor da terra ou do mar e os seus produtos, etc.

A cuarta categoría é a de iniciativa empresarial singular, destinada a recoñecer a pemes con iniciativas empresariais de autoría creativa, orixinais e con carácter singular, xa sexa polo uso de materias primas locais, pola reutilización de materiais ou produtos autóctonos, a revitalización da tradición galega, entre outros.

Ademais destes catro niveis, tamén haberá unha categoría honorífica, que consistirá nunha mención do xurado á mellor iniciativa transformadora do rural. Para esta clasificación non haberá postulación de categorías nin tampouco importe económico para o proxecto nomeado.

Os Premios PEL repartirán este ano un total de 80.000 euros. O deste ano será o maior investimento da historia destes premios, pois cada unha das catro categorías principais estará dotada con 20.000 euros. Ademais, as bases contemplan a posibilidade de conceder accésits cando a diferenza de puntuación entre as dúas mellores candidaturas seleccionadas sexa mínima.

A nova edición introduce melloras para facilitar a participación das empresas. Amplíase o acceso a iniciativas de diferentes anos de creación e simplifícase o proceso de solicitude, reducindo a carga administrativa.

Para participar, todas as iniciativas interesadas en facelo deberán presentar a súa candidatura entre este 23 de abril ata o vindeiro martes, 12 de maio, ás 14.00 horas. A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación especificada nas bases e a través da plataforma SUBTeL.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.