A Deputación apoia con 463 394 euros a actividade cultural de 120 entidades da provincia

20 Abril 2026

A Deputación da Coruña vén de facer pública no BOP a resolución provisional da convocatoria de subvencións do programa FO213/2026, destinado a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato.

A entidade apoia con 463 394 euros a actividade cultural no ano 2026 dun total de 120 entidades da provincia, incluídas unha manchea de entidades da comarca do Barbanza, como a Asociación Os Liantes (Artes, Ribeira), Tahume (Olveira, Ribeira), a Escola de Música de Rianxo, a Bandade Música de Noia, Fogo Fatuo (Rianxo), Vai de Roda (Rianxo) ou a Sociedade Cultural Monte Louro (Muros).

A deputada Natividade González visitando a Escola de Música de Rianxo

Nesta resolución, o importe máximo concedido ascende a 13 500 euros, mentres que a contía mínima é de 1500 euros.

A deputada de Cultura, Natividade González, manifestou que o obxecto destas axudas é “fomentar a promoción de actividades e investimentos nos campos da música tradicional e popular, adaptándonos ás necesidades destas entidades e colectivos culturais, que son pezas chave na dinamización sociocultural dos nosos concellos e que fan un moi importante labor de formación musical de base, transmisión de valores culturais e cohesión social”.

González concluíu que é fundamental contribuír a entidades que «apoien claramente a diversidade cultural e garantan o dereito á produción e ao acceso cultural no noso idioma».

Listaxe de entidades beneficiarias

A continuación detállanse as 120 entidades que figuran na proposta de concesión provisional:

Agrupación cultural Arume

Agrupación folklorica Santiaguiños

Agrupación folklorico cultural Gamelas e Anduriñas

Agrupación musical de Abegondo

Agrupación musical Emilia Pardo Bazán

Alegre-Intermezzo

Asoc. coral polifónica Mar De Ardora-Esmu De Carnota

Asoc. cultural Banda de Gaitas do Ortegal

Asoc folclórica Colegiata de Sar

Asociación Airiños de Quenxe

Asociación Airiños do Río Grande

Asociación Arrancadeira

Asociación Banda de Música Cultural de Teo

Asociación Banda de música de Cedeira

Asociación Banda escola de música de Visantoña

Asociación C.R.D.Entroido de Samede

Asociación Coral Airiños de Nós

Asociación Coral Polifónica Ferrolana A Magdalena

Asociación Coral Polifónica San Salvador de Pazos

Asociación Costumes de Bergondo

Asociación cultural A Carrabouxa de Teo

Asociación cultural Adro

Asociación cultural Airiños da Capela

Asociación cultural Anduriñas de Xaviña

Asociación cultural Axio Mouro

Asociación cultural Banda de Música de Arca

Asociación cultural Brisas do Quenllo

Asociación cultural Coral Chorima de Castro

Asociación cultural Coral Polifónica Brisas do Mar

Asociación cultural Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz

Asociación cultural Coral Terceira Idade Os do Canto

Asociación cultural Coro Gaos

Asociación cultural Cruceiro do Monte

Asociación cultural deportiva A Meda de El Castro Sada

Asociación cultural Donaire

Asociación cultural e deportiva Carcaxia

Asociación cultural e deportiva Xiada

Asociación cultural e musical Herba Grileira

Asociación cultural Embruxo Gaiteiros

Asociación cultural Escola da Cabana

Asociación cultural Faragulla Teixeiro

Asociación cultural Inllar

Asociación cultural Malante

Asociación cultural Mons R Nemeth

Asociación cultural musical Sementeira Narón

Asociación cultural musical Solfa

Asociación cultural Orquestra Gaos

Asociación cultural Os Castros de Ames

Asociación cultural Os Virapes

Asociación cultural Os Xeitosos de Trazo

Asociación cultural Pandeireteiras sen Fronteiros

Asociación cultural Rondalla Sonidos del Alba

Asociación cultural Rosalía de Castro

Asociación cultural Santa María de Toras

Asociación cultural Trovadores de Ares

Asociación cultural Vai Rañala Meu

Asociación cultural Vía Sacra

Asociación cultural Xacarandaina

Asociación cultural y recreativa Amigos de la música Banda de Música de As Pontes

Asociación cultural, recreativa, de formación física e medio ambiental A Arreixeira Padrón

Asociación de Alumnos y ex alumnos de la Universidad Senior

Asociación de Coros y Danzas Eidos

Asociación de Gaiteiros Galegos de Melide

Asociación de Veciños San Pedro de Nós Os Rueiros

Asociación do Lado do Sol

Asociación Escola de música Santa Cruz do Concello de Vedra

Asociación Faiscas da Pontraga

Asociación folclórica e cultural Orballo de Pontedeume

Asociación folclórica Lembranzas do Tambre

Asociación grupo xuvenil Pena Maior

Asociación música e baile tradicional Vai de Roda

Asociación música e danza tradicional Queiroa

Asociación musical A Misela

Asociación musical Nova Troula

Asociación musical Sons do Mar

Asociación musical e cultural Cantabile

Asociación Os Liantes

Asociación recreativa e cultural Peque Rinforzantes

Asociación Rondalla de Cariño

Asociación sociocultural Fogo Fatuo

Asociación Tercera edad A Lembranza

Asociación Veciños e Veciñas San Adrián de Toba

Asociación Xuvenil Xiradela

Asociacións Sementeira Cambre

Banda de gaitas Airiños de Fene

Banda de música de Noia

Banda de música de Santa Cruz de Ribadulla de Vedra

Cantigas da Terra

Cantigas e Agarimos

Centro Cultural Simón Varela de Dubra

Coral A Fonte do Souto

Coral Airiños de Caranza

Coral Polifónica Costa da Morte

Coral Polifónica de Betanzos

Coral Polifónica de Betanzos

Coral Polifónica de Melide

Coral Polifónica de Mera-Oleiros

Coral Polifónica Eumesa

Coral Polifónica Follas Novas

Coral Polifónica Ortegana

Coral Santa María de Cambre

Coro de Espasante

Coro de Oleiros

Coro Vocalisse

Escola de música Charamela

Escola de música de Rianxo

Grupo de baile e música tradicionais Brincadeira

Grupo de baile e música tradicional Tahume

Grupo vocal e instrumental Atlántico

O Pedrón agrupación folclórica e cultural

Obradoiro de cultura tradicional Ultreia

Orfeon Terra A Nosa

Paracetafolk

Porteiroalvarellos

Real Coro Toxos e Froles

Rondalla So Elas

Sociedad cultural deportiva e recreativa O Castro

Sociedad cultural Monte Louro

Sociedad cultural recreativa e deportiva O Pote

Sociedad recreativa San Xoán de Calo

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...