A Consellería do Mar e AGALCARI redobrarán esforzos para pór en valor e recuperar a carpintaría de ribeira

23 Abril 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse coa Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI) co fin de se seguir avanzando na posta en valor e recuperación do patrimonio marítimo galego, dando así tamén continuidade á rolda de contactos que vén mantendo con distintos axentes do sector. No encontro, ambas as partes profundaron na colaboración que veñen mantendo nos últimos anos e que está dirixida á divulgación e promoción das embarcacións de madeira, ademais de favorecer a súa participación en actividades significativas e eventos relacionados co patrimonio marítimo.

AGALCARI agrupa ao 98 % das carpinterías de ribeira activas en Galicia. A maior parte están concentradas na ría de Arousa, onte tamén se atopan obradoiros artesanais que constrúen a maioría das embarcacións profesionais matriculadas na comunidade. Un oficio que, ademais, está declarado como Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A súa actividade xera 100 empregos directos e uns 500 indirectos.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...