A conselleira de mar explica ante os patróns maiores da Coruña as axudas para recuperar os bancos marisqueiros

07 Abril 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse este martes 7 de abril cos patróns maiores das confrarías con marisqueo a pé da provincia da Coruña, ante os que debullou o plan de choque posto en marcha pola Xunta para a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros afectados polas intensas choivas dos meses pasados. Villaverde, ao igual que fixo a semana pasada cos representantes dos pósitos de Pontevedra, volveu afondar nos detalles desta iniciativa integral que supón un esforzo económico para as arcas da Xunta de 22,7 millóns de euros.

Con esta xuntanza a conselleira deu continuidade “ao intenso contacto co sector, co fin de escoitalo e procurar solucións”. Neste marco, explicou aos asistentes que, para a rexeneración das zonas danadas, unha parte fundamental do plan baséase na sinatura de convenios directos coas confrarías, unha acción que aglutina 19,2 millóns de euros.

Estes convenios bilaterais coa Consellería do Mar, aos que xa se poderán acoller as primeiras confrarías en canto presenten a documentación requirida, “permitirán que esas entidades titulares dos plans compensen economicamente ás persoas mariscadoras que participen nas tarefas de recuperación cunha remuneración de ata 700 euros para as que completen o máximo de días de traballo ao mes”, explicou, engadindo que tamén se contemplan apoios para as entidades pola súa labor de organización, seguimento e control.

Villaverde fixo fincapé en que o desenvolvemento desta iniciativa require da “implicación conxunta da Administración e do sector”. Por iso, insistiu aos representantes dos pósitos coruñeses da importancia de acollerse a estas medidas, defendendo que “a colaboración das confrarías é clave para garantir a recuperación e a sustentabilidade futura da actividade marisqueira que, para o Goberno galego, é esencial”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...