“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

21 Abril 2026

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun terreo no que quería construír un almacén no que ter a resgardo a súa embarcación de pesca e, deste xeito, evitar que lle roubaran o combustible (gasóleo) que empregaba para navegar.

José María, alcumado “O Peruco”, decatouse de que, entre a terra que removía, había algo que tiña un brillo especial. Era un artefacto semiesférico protexido dentro dunha vacía de cerámica. Esta rompeu durante o proceso de extracción, Sen sabelo, o rianxeiro atopara unha peza de ouro datada na fin da Idade de Bronce, de entre o 1.000 e o 800 antes de Cristo.

Cando se produciu a aparición do Casco de Leiro -que este era o achado- o mesmo estaba marcado por unha “visión predominante do pasado, coma dun mundo castrexo, segundo a arqueóloga e investigadora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador, quen explicou que a idea do guerreiro castrexo propiciou que se lle dera a lectura de que o artefacto era un casco con capacete de ouro, ende ben esta función resultáballe improbable: “o ouro é moi brando , moi dúctil, non posúe a calidade de ter unha función defensiva como protector da cabeza”, argumentou.

Para o mundo académico hai outras posibilidades no que atinxe á función deste artefacto áureo. A existencia de marcados paralelismos con outras pezas das que sí se coñecen a función, leva cara a dúas grandes teorías: que se trate dun sombreiro ritual  ou unha cunca. 

Apunta pola súa banda Elena Cabrejas, arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio, que “ten un peruco, é dicir algo coma un pico, polo que é menos probable que se trate dunha cunca, xa que non podería apoiarse a non ser que tivera un soporte adicional. Ambas  as investigadoras concordan en que a interpretación máis axeitada é que se trate dun obxecto ritual relacionado cos ciclos do sol e da lúa, sen desbotar os conteos dos ciclos dos astros coma elementos calendáricos.

A orixe do Casco de Leiro é incerta. Pode que sexa foránea, talvez centroeuropea. Pero o certo é que Vicente Somoza entregou o Casco de Leiro ao Museo Arqueolóxico da Coruña, onde pode ser admirado.    

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.