Xunta e Concello de Ribeira avanzan na futura residencia pública de maiores

02 Marzo 2026

A Xunta de Galicia e o Concello de Ribeira deron novos pasos no proxecto para a construción dunha residencia pública de maiores no municipio, que podería levantarse nunha parcela de titularidade municipal.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para abordar distintas cuestións relativas ao desenvolvemento deste proxecto.

Durante o encontro, a rexedora trasladou á conselleira a proposta de construír o centro residencial nunha parcela municipal que o Concello cedería á Xunta co obxectivo de impulsar a creación desta infraestrutura pública no municipio.

Pola súa banda, Fabiola García comprometeuse a visitar proximamente os terreos para coñecer de primeira man a súa localización e avaliar a idoneidade da parcela para a implantación do centro. Ademais, felicitou á alcaldesa polo seu compromiso coa atención ás persoas maiores e polo impulso aos servizos sociais destinados ás familias da localidade.

A futura residencia pública suporía un reforzo da rede asistencial na comarca e daría resposta a unha demanda histórica de prazas públicas para persoas maiores en Ribeira e na súa contorna.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.