Xoves inestable nas Rías Baixas e Santiago, con choivas treboentas e baixada notable das temperaturas

04 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago de Compostela afrontarán un xoves marcado pola inestabilidade, coa chegada progresiva dunha fronte que traerá consigo aire frío en altura e un cambio significativo no tempo.

Durante a mañá os ceos iranse cubrindo de oeste a leste, e co avance das horas as chuvias iranse estendendo por todo o territorio. Nas Rías Baixas espéranse precipitacións intermitentes que poderán ser localmente treboentas, mentres que en Santiago tamén se agardan episodios de choiva acompañados de aparato eléctrico en momentos puntuais.

A presenza de aire frío favorecerá un descenso xeneralizado das temperaturas, que será moderado en conxunto pero notable nas máximas, deixando unha sensación máis invernal nas horas centrais do día(máximas entre 13 e 15 graos). Ademais, a cota de neve irá baixando progresivamente, situándose arredor dos 1.100 metros na madrugada do venres, o que podería deixar acumulacións nas zonas máis altas do interior galego.

En canto ao vento, soprará de compoñente norte moderado pola mañá, máis frouxo no interior, pero incrementándose pola tarde ata forte no litoral das Rías Baixas e nas zonas altas, onde se deixará sentir con maior intensidade.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 6 a 8 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e vaga á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.