As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago continuarán este xoves 19, festividade de San Xosé e festivo autonómico, cun
día marcado por ceos con nubosidade de tipo medio e alto, que non impidedirán o paso do sol. Pola tarde poderán desenvolverse nubes de evolución en zonas altas, aínda que sen consecuencias significativas.
No litoral galego existe a posibilidade de brétemas costeiras aínda que nas Rías Baixas predominará a estabilidade.
En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso, deixando unha sensación máis agradable durante as horas centrais do día, chegaremos ós 23 a 25 graos.
O vento soprará do leste-sueste con intensidade moderada no litoral e nas zonas elevadas, rolando a nordés pola tarde.

O noso mar; Vento do leste á mañá, variable á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 2 a 2.5 metros.



