Volve a Rianxo o programa formativo da USC para maiores: Camiños de Coñecemento e Experiencia

11 Marzo 2026

Volve a Rianxo o programa de formación para maiores da Universidade de Santiago en colaboración cos concellos: Camiños de Coñecemento e Experiencia – IV Ciclo.

O Concello de Rianxo acolle unha nova edición deste programa de formación universitaria dirixido a persoas maiores de 50 anos, con sesións divulgativas impartidas por profesorado da Universidade de Santiago de Compostela. As sesións desenvolveranse no salón de actos do Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo e a inscrición será de balde. Pódese facer en liña cubrindo o formulario no sitio web do Concello e enviándoo cumprimentado a cultura@concelloderianxo.gal, ou de xeito presencial no Auditorio (9:00–14:00 h).

Programa de sesións (16:30–18:00 h)

• 08/04/2026 | 16:30–18:00 h
O uso do móbil, sácalle partido
Álvaro Dosil Rosende, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo) da USC.

• 09/04/2026 | 16:30–18:00 h
Entendendo a radiación: física nuclear para a saúde
Julio Nóvoa Fernández, profesor da área de Física de Partículas da USC e colaborador do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo).

• 10/04/2026 | 16:30–18:00 h
O uso do móbil, sácalle partido
Álvaro Dosil Rosende, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo) da USC.

• 14/04/2026 | 16:30–18:00 h
Entendendo a radiación: física nuclear para a saúde
Julio Nóvoa Fernández, profesor da área de Física de Partículas da USC e colaborador do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo).

• 15/04/2026 | 16:30–18:00 h
A paisaxe da montaña galega. Os nosos máis altos cumios, e outros máis pequenos
Luis Martín Agrelo Janza, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC e colaborador do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo).

• 16/04/2026 | 16:30–18:00 h
A paisaxe da montaña galega. Os nosos máis altos cumios, e outros máis pequenos
Luis Martín Agrelo Janza, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC e colaborador do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...