Venres 13, cambio claro de tempo con máis chuvia e ambiente invernal nas últimas horas do día.

12 Marzo 2026

Unha fronte fría deixará este venres un cambio claro de tempo en Galicia, con máis chuvia e ambiente invernal nas últimas horas do día.

Pola mañá as precipitacións chegarán polo oeste e irán estendéndose co paso das horas ao resto da Comunidade, con ceos cubertos e chuvias frecuentes. Cara á noite, a cota de neve baixará ata situarse arredor dos 1000 metros, polo que poderán rexistrarse neveadas nas zonas de montaña.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios salientables, pero as máximas baixarán de maneira moderada, deixando unha xornada máis fría que as anteriores(máximas de 14 a 15 graos). O vento soprará do suroeste a primeira hora, para rolar a noroeste ao final do día; será moderado en xeral, con intervalos fortes no litoral norte, onde o mar notará con máis intensidade a chegada da fronte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 5. Forte marusía. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.