Unha vintena de persoas participan na xuntanza veciñal “Un café co alcalde” celebrada en Moimenta

13 Marzo 2026

Unha vintena de persoas participaron este xoves 12 de marzo na nova edición dos encontros veciñais Un café co alcalde celebrada desta volta en Moimenta. O alcalde, José Ramón Romero, acompañado do tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Marcos Fajardo, mantiveron un encontro cos residentes para atender as demandas e necesidades da parroquia.

Durante o encontro o alcalde e os demais membros do Goberno local deron conta das últimas actuacións realizadas na parroquia derivadas de peticións veciñais realizadas de xeito individual ou colectivo e tomaron nota das novas peticións veciñais xurdidas.

Con estes encontros o que se busca é un contacto máis directo coa veciñanza e darlles a oportunidade de que trasladen as súas peticións e demandas sen necesidade de ter que desprazarse ao Concello. Estas xuntanzas veciñais son un complemento das que o alcalde e demais concelleiros manteñen semanalmente de xeito individual.

A próxima das xuntanzas será na parroquia de Bealo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.