“Unha tolemia que pode xeralizarse e conducir a un desastroso remate”. Antón Luaces

01 Marzo 2026

Desde finais de 1962 -cando a denominada guerra dos mísiles en Cuba fixo tremer ao mundo polo conflito entre a Unión Soviética e Estados Unidos de América- ata onte e  tendo moi en conta o acontecido co ataque ás torres xemelgas de Nova Iorq acontecido o 11 de setembro de 2001, coido que o mundo nunca pasou por unha circunstancia tal que nos levara a moitos membros da sociedade a pensar que estabamos a chegar a un punto límite a partir do que unha terceira guerra mundial era -é- posíbel. En boa medida, grazas ás manobras dun rjco empresario chegado por segunda oportunjdade na súa vida á presidencia de USA: Un descendente de migrantes que agora expulsa do país aos que chegan a este con idéntico afán de prosperar que o que tiveran os avós de Trump cando arribaron a terras americanas, e grazas asimesmo ao seu proxecto de “rematar en cuestión de horas” coas guerras de Ucraína e Gaza e facerse co premio Nobel da Paz.  Cando o que realmente fixo foi revivir ambas as dúas e, na actualidade, entrar pola porta de atráis nas políticas de México,  Venezuela, Cuba e Groenlandia.

O noso mundo non se merece tolemias como as que se aplican polas pantasmas que espertan soños de grandeza coma os do señor Trump para o seu mundo e o seu peto. Que soñará realmente Donald Trump para facer o que fai e que el mesmo debe saber que nin pode nin debe facer?.

En que tenda poderiamos adquirir unha boa dose de raciocinio para que ese home de  cabelo de zanoria crecha descanse e a Humanidade respire paz?.

Outros artigos

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.