Unha incidencia na infraestrutura ferroviaria en Padrón corta a circulación entre Padrón e Vilagarcía

01 Marzo 2026

Un problema na infraestrutura ferroviaria en Padrón mantén interrompida a circulación de trens de Media Distancia entre as estacións de Padrón e Vilagarcía de Arousa, afectando á conexión habitual do Eixo Atlántico.

A incidencia obrigou a Renfe a desviar outros servizos e a establecer un transporte alternativo por estrada entre ambas localidades para garantir a mobilidade das persoas usuarias mentres se traballa na resolución do problema.

Ademais, un tren de Media Distancia da ruta A Coruña-Vigo tivo que retroceder ata a bifurcación de Arcade para continuar viaxe pola liña que conecta Redondela con Santiago, alterando así o seu percorrido habitual.

Polo momento non transcendeu o motivo concreto da incidencia nin o tempo estimado para restablecer a normalidade no servizo ferroviario.

Pola súa banda, Adif informou da situación a través dun chío na súa conta oficial en X, @InfoAdif, no que comunicou a afectación e recomendou ás persoas viaxeiras consultar o estado dos seus trens antes de desprazarse ás estacións.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.