UCIN Boiro reclama á Xunta beirarrúas na AC-305 ao seu paso por Ponte Beluso

07 Marzo 2026

A agrupación UCIN Boiro esixiu á Xunta de Galicia a construción urxente de beirarrúas na estrada AC-305 ao seu paso por Ponte Beluso, no municipio de Boiro, co obxectivo de mellorar a seguridade da veciñanza.

O coordinador local da formación, Miguel Piqueras, advertiu de que a falta de espazos seguros obriga aos residentes a camiñar pola calzada ou por un arcén moi estreito, o que incrementa o risco de atropelos, especialmente para persoas maiores, nenos e familias.

Desde UCIN sinalan que a AC-305 soporta tráfico constante de vehículos, incluídos camións pesados, e presenta tramos con pouca visibilidade e curvas pronunciadas. Por iso, reclaman un proxecto integral que inclúa a construción de beirarrúas, mellora da sinalización e medidas de calmado de tráfico para garantir desprazamentos seguros a pé.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...