Tempo seco e ceos despexados o martes nas Rías Baixas e Santiago

16 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago continuarán este martes 17, San Patricio, baixo a influencia anticiclónica, nunha situación de estabilidade que deixará unha xornada sen precipitacións.

Durante as primeiras horas do día poderán rexistrarse néboas no interior, que se irán disipando ao longo da mañá para dar paso a ceos maioritariamente despexados no conxunto da xornada.

No apartado térmico, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, mantendo un ambiente suave nas horas centrais do día(máximo 24 a 25 graos).

O vento soprará do sueste, frouxo en terra, mentres que no mar poderá presentar intervalos de intensidade moderada,

meteogalicia

O noco mar: Vento do sueste á mañá, variable á tarde e do sueste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.