Tempo invernal nas Rías Baixas e Santiago con ceos cubertos e descenso das temperaturas

05 Marzo 2026

As comarcas das Rías Baixas e a área de Santiago de Compostela estarán baixo a influencia dunha situación meteorolóxica marcada pola presenza dunha baixa no centro peninsular e polas altas presións situadas nas Azores, que favorecerán unha circulación de ventos do norte e a chegada de aire frío en altura.

Durante a xornada predominarán os ceos nubrados. Nas Rías Baixas e en Santiago poderán rexistrarse precipitacións ocasionais e intermitentes nas primeira horas, con períodos de tregua ao longo do día.

A cota de neve situarase arredor dos 1.000 metros nas primeiras horas e irá ascendendo progresivamente ata os 1.200 metros cara ao final da xornada, afectando principalmente ás zonas montañosas do interior.

No apartado térmico, as temperaturas mínimas apenas experimentarán cambios, aínda que poderán descender lixeiramente no interior. Pola contra, as máximas sufrirán un moderado descenso, deixando unha sensación máis fría, especialmente nas horas centrais do día.(máximas 9 a 12 graos).

O vento soprará de compoñente norte, con intensidade forte no litoral e nas zonas altas e moderada no resto do territorio, polo que nas áreas costeiras das Rías Baixas poderá sentirse con maior intensidade.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte, forza 6 a 7 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.