Tanxugueiras presentará o 17 de outubro no Coliseum da Coruña o seu novo álbum

03 Marzo 2026

Tanxugueiras está de aniversario. Tras unha década marcando un antes e un despois na música galega, Sabela Maneiro, Aida Tarrío (Aguiño, Ribeira, 1997) e Olaia Maneiro anuncian o seu regreso subindo de novo ao escenario do recinto máis grande do noroeste peninsular: o Coliseum da Coruña. As entradas para a cita, que terá lugar o 17 de outubro, estarán dispoñíbeis desde as 12:00 horas do mércores 4 de marzo na páxina web oficial de Tanxugueiras.

O directo, que será a única oportunidade de ver o grupo en Galicia ao longo de 2026, preséntase como un concerto “único e exclusivo”. Explican que alén de celebrar os seus dez anos enriba dos escenarios, esta actuación “marca un momento profundamente simbólico na nosa traxectoria: a estrea en directo no país do noso cuarto traballo discográfico, O Cuarto“.

Este álbum, producido xunto con Iago Pico e Gabi Fernández, reflicte a evolución artística do trío cara a unha proposta máis madura e reafirma o seu compromiso coa lingua e o folclore galegos, “piares esenciais” da súa identidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.