Rois abre as inscricións para participar na Andaina do Santo Isidro Letras Galegas

31 Marzo 2026

O Concello de Rois abre este mércores 1 de abril o prazo de inscrición para a VII Andaina do Santo Isidro Letras Galegas, unha proposta de carácter non competitivo que está programada para o vindeiro domingo 17 de maio. A iniciativa convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada de actividade física ao aire libre, percorrendo as fermosas paraxes do municipio.

A Andaina do Santo Isidro, que naceu como homenaxe ás letras galegas e este 2026 chega á súa sétima edición, terá saída e meta no Polideportivo de Urdilde e desenvolverase sobre un circuíto sen apenas desnivel de 11 quilómetros na compaña das nosas coplas.

Ao igual que nos últimos anos, a andaina homenaxeará en cada punto quilométrico a autoras e autores recoñecidos no Día das Letras con sinais que recollerán información sobre a súa obra. Todas as persoas participantes poderán participar no sorteo dunhas zapatillas de deporte facéndose unha foto diante dalgún destes sinais e publicándoa en aberto antes do 24 de maio en Facebook ou Instagram co cancelo #Roiscoasletras.

As inscricións poderán facerse ata o mércores 13 de maio ás 24.00 horas na páxina emersport.es e teñen un custo de 5 euros. Os menores de idade participarán gratis e deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.

A proba sairá ás dez da mañá, estando fixada a recollida de dorsais entre as 8.30 e as 9.30 horas, e á altura do quilómetro 6 contará cun punto de avituallamento no que as persoas participantes poderán repoñer forzas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.