Ribeira impulsa unha nova xornada de limpeza do litoral en Corrubedo este 8 de marzo

06 Marzo 2026

O Concello de Ribeira colaborará este domingo 8 de marzo nunha nova xornada de limpeza do litoral en Corrubedo, unha iniciativa promovida por Grip Surf School co obxectivo de concienciar e actuar directamente na protección do noso entorno natural. A actividade desenvolverase entre as 10:00 e as 13:00 horas, no tramo comprendido entre o inicio da praia da Ladeira e A Robeira, con posibilidade de ampliación ata a praia do Prado en función da participación. O punto de encontro será nas instalacións de Grip Surf School.

Trátase dunha xornada aberta a veciñanza e persoas voluntarias que desexen sumarse á recollida manual de residuos no litoral, nunha acción que combina compromiso ambiental e educación en valores de respecto e coidado do medio natural.

Dende o Concello de Ribeira destácase “a importancia deste tipo de iniciativas de colaboración entre entidades privadas, tecido asociativo e administración pública, que contribúen a preservar un dos principais patrimonios do municipio: a súa costa”.

O Goberno local anima á cidadanía a “participar activamente nesta xornada” e a “continuar implicándose na conservación dos nosos espazos naturais, fundamentais para a identidade, a calidade de vida e o atractivo turístico de Ribeira”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.