Ribeira emprenderá unha andaina solidaria no 12 de abril a favor de BarbanTEA

31 Marzo 2026

A terceira edición da andaina solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza (BarbanTEA) convida a calzar zapato cómodo no domingo, 12 de abril, para percorrer unha distancia de cinco quilómetros. O itinerario partirá dende o parque García Bayón, ás 10.00 horas, para ir a carón de parte do litoral da cidade pola zona de Coroso.

Durante a presentación, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, reafirmou o compromiso da Administración local con este tipo de citas que unen a práctica deportiva cun fin solidario. “Unha vez máis, Ribeira amosa o seu lado solidario facendo esta andaina para apoiar aos nenos, nenas e adultos con trastornos do espectro autista”, manifestou o edil, quen engadiu que a dificultade é baixa para facilitar a participación da cidadanía.

Pola súa parte, a secretaria da entidade, Milagros Torrado, explicou que esta é a terceira edición desta andaina que promove BarbanTEA dende a súa fundación no 2024. “Somos unha asociación que naceu do perdidas que nos sentíamos as familias e conseguimos crear un lugar seguro, tanto para familias como para usuarios. Agora queremos movernos moito, sobre todo, pola adolescencia e a muller; a muller autista que sempre é a máis discriminada á hora de diagnóstico e atención”, precisou.

No que respecta á prohibición da participación de cans na andaina, Torrado puntualizou que “hai que ter en conta que moitos dos nosos usuarios teñen fobia cara os cans e supón unha situación desagradábel para moitas delas e deles”.

O prazo de inscricións xa está aberto e existen tres vías para formalizarse: a través da páxina web www.galitiming.com, nas accións formativas de BarbanTEA ou no propio parque no día do evento. A doazón establécese nos 5 euros, se ben as crianzas de 0 a 3 anos asistirán de balde. Ademais, habilítase a fila 0 para quen non poida participar, pero desexe tomar igualmente parte do fin solidario.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...