Ribeira acolle o 12 de abril III Andaina Solidaria por BarbanTEA

17 Marzo 2026

O 12 de abril BarbanTEA (Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza) vai celebrar en Ribeira a terceira edición da súa Andaina Solidaria. Haberá sorteos para os asistentes cortesía dos comercios locais. O percorrido será de cinco quilómetros (percorrido accesíbel para todas as persoas) e dará comezo ás 10.00 horas, dende o Parque García Bayón, en Santa Uxía, cunha doazón solidaria de 5 euros por cada participante.

As inscricións poden facerse nas accións formativas de BarbanTEA, no Parque de García Bayón (o día da andaina), a través do QR do cartel ou na ligazón habilitada en Galitiming.

Ademais, habilitarase unha fila 0 para colaborar sen que sexa preciso participar directamente.

A inscrición dos nenos e nenas de 0 a 3 anos será de balde.



Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.