O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Deputación da Coruña por importe de 52.000€ que permitirá reforzar o Servizo de Obras coa contratación de catro persoas desempregadas durante un período de seis meses.
Con cargo á axuda concedida, enmarcada no programa PEL – Concellos da Deputación da Coruña, cubriranse os seguintes postos entre os meses de abril e setembro: conductor/a, oficial albanel, peón/peoa albanelería e peón/peoa aglomerado.





