Rianxo referenda en pleno a súa irmandade coa Estrada e o seu apoio ao parque arqueolóxico da Idade de Ferro

02 Marzo 2026

O pasado xoves 26 de febreiro celebrouse a segunda sesión ordinaria do pleno da Corporación de Rianxo deste 2026 e na sesión saíron adiante acordes de grande relevancia como a auditoría (aprobada por unanimidade) sobre a rede de saneamento para planificar as actuacións que cómpre levar a cabo nela para mellorar o seu funcionamento. Tamén foi aprobado por unanimidade o irmandamento co Concello da Estrada coa finalidade de fortalecer os vínculos culturais, históricos e sociais existentes entre os dous pobos e representados na unión de Castelao e Virxinia Pereira.

Ademais, todos os grupos da Corporación apoiaron a adhesión ao convenio para o desenvolvemento do denominado parque arqueolóxico da Idade do Ferro, un proxecto que segundo fixo saber o alcalde Julián Bustelo “necesariamente temos que reconfigurar e impulsar”.

A maiores, aprobouse por unanimidade a adhesión ao convenio para o desenvolvemento dunha administración dixital “a partir do cal poderemos seguir empregando, e poñendo a disposición da veciñanza, ferramentas para unha prestación máis eficiente dos servizo públicos”, informou o rexedor”. En concreto, este acordo senta as bases para a participación de Rianxo no acordo de Administración Electrónica da Xunta e a FEGAMP para compartir plataformas, recursos e servizos dixitais que melloren o día a día da veciñanza. A este respecto, o BNG avogou por habilitar unha Aula CeMIT en Rianxo que contribúa á capacitación tecnolóxica da cidadanía de Rianxo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.