O Concello de Porto do Son prosegue este mes de marzo cos traballos de acondicionamento e posta a punto das fontes dos diferentes núcleos das parroquias, moitas delas de gran valor histórico e moitas delas afectadas (elas mesmas ou a súa contorna) polas intensas chuvias deste inverno.
No marco destas tarefas de limpeza e acondicionamento as brigadas seguiron actuando na parroquia de Baroña, concretamente nos lugares de Orellán e Penas, con especial fincapé nas zonas de tránsito e comúns, así como nas contornas naturais das fontes e dos lavadoiros do lugar.

Os traballos tamén tiveron continuidade na parroquia de Noal, actuándose no lugar de Laranga, con especial atención ás zonas de acceso e comúns, e nas contornas naturais das súas fontes.

As tarefas de posta a punto nos núcleos municipais proseguiron tamén no lugar de Montemuíño, en Baroña, poñendo o foco en nas fontes e os lavadoiros do lugar, e nas súas contornas de uso público e común.




