“Prórroga de contratos” – José Manuel Pena

24 Marzo 2026

Quen pode estar en contra da prórroga automática dos contratos de alugueiro por un período de dous anos e co incremento máximo da renda dun 2%?. Pois si, a patronal inmobiliaria e uns cuantos rentistas que pretenden continuar coa especulación máis miserable nestes momentos de dificultades para millóns de familias españolas, xa que os grandes propietarios (con máis de dez inmobles en propiedade), bancos ou fondos de investimento xa están obrigados a cumprir coa normativa.

A vivenda continúa sendo o principal problema para a maioría dos cidadáns pero algúns rentistas con pouca vergoña dedícanse a impoñer uns prezos desorbitados aos arrendamentos de vivendas habituais para enriquecerse dunha maneira miserable, á conta de familias traballadoras.

Os actuais inquilinos que superaron os cinco anos de vixencia nos seus respectivos contratos de arrendamento deberían solicitar, por escrito aos arrendadores (nestes trinta días) o acollemento á prórroga automática dos alugueiros. Os rentistas normais, empáticos e patriotas seguro que non se opoñerán e accederán amablemente ao que é de xustiza, nestes momentos de dificultades económicas para moitas familias españolas.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.