Pedro Blanco presenta os programas estatais de apoio educativo na Libraría El Cisne de Boiro

13 Marzo 2026

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco debullou este venres (13 de marzo) en Boiro as axudas do Goberno central á educación pública e ás familias galegas. Fíxoo durante unha visita á Librería El Cisne, onde informou sobre estes programas estatais e onde explicou “que o Ministerio de Educación achegou á Xunta nos últimos cinco anos 13,5 millóns de euros dentro do Programa de Cooperación Territorial para o financiamento de libros de texto e material didáctico, aos que se suman os 2,4 millóns aprobados esta mesma semana polo Consello de Ministros, ata alcanzar case 16 millóns de euros destinados a apoiar ás familias galegas na compra destes materiais escolares”.

Sinalou que estes últimos fondos forman parte do reparto territorial aprobado polo Goberno para 2026, que conta cun orzamento estatal de 58,5 millóns de euros e permitirán “que a Consellería de Educación financie axudas para alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional en centros sostidos con fondos públicos”.

O delegado incidiu en que “este programa ten o obxectivo de apoiar ás familias e reforzar a equidade do sistema educativo, garantindo que ningunha situación económica desfavorábel limite o acceso do alumnado aos recursos básicos para a súa aprendizaxe”. Seguindo este fío, lembrou que segundo datos do INE cada familia galega destina arredor de 400 euros ao ano por neno en material escolar, “polo que estas axudas resultan fundamentais”.

Pedro Blanco salientou tamén o apoio do Goberno ao sistema educativo público galego nos últimos anos. Así, explicou que o Goberno transferiu á Xunta 308 millóns de euros para reforzar o ensino non universitario, dos que 200 millóns se destinaron a Primaria, ESO e Bacharelato e 108 millóns á Formación Profesional, permitindo crear máis de 42.000 novas prazas en ciclos formativos.

Durante o acto, no que estivo acompañado polo tenente de alcalde de Boiro, Luis Ruiz, e polo concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, o delegado referiuse tamén ao novo Real Decreto de becas aprobado polo Consello de Ministros para o curso 2026-2027, que establece un investimento histórico de 2.559 millóns de euros, a novena subida consecutiva desde 2018.

Banco engadiu que este reforzo das bolsas terá tamén un impacto destacado en Galicia, onde 54.000 familias reciben actualmente unha axuda do Ministerio, cunha inxección económica de 132 millóns de euros, un 59% máis que hai nove anos.

Pedro Blanco destacou “que estas políticas permiten garantir a igualdade de oportunidades e reforzar o acceso á educación pública, asegurando que ningún estudante vexa limitado o seu futuro pola situación económica da súa familia”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.